A TyC Sports, emisora de TELE da Arxentina especializada en
deportes, lanzou este venres unha propaganda sobre a Copa do Mundo utilizando
discursos do papa Francisco na Xornada Mundial da Mocidade, en Río.
O vídeo chamado "Xogo Bendito" foi lanzado
inmediatamente tras o sorteo dos grupos, no cal a Arxentina quedou con Nixeria,
Irán e Bosnia. Como as palabras do Papa arxentino son enchidas de referencias
futbolísticas, as imaxes da selección comandada por Lionel Messi casan
perfectamente cos discursos feitos en Brasil, en xullo deste ano.
"Que xoguemos en equipo", "nunca estamos
sós", "non teñan medo", "sexan protagonistas" e as
"cariocas saben recibir ben" son algunhas das frases de Francisco no
vídeo.
No video o Papa refirese ao dianteiro portugués Cristiano Ronaldo,
nun trocadiño ca palabra cristiáns, en español: "Estes 'cristiáns' son
falsos", di.
No remate da propaganda, a emisora aínda provoca coa frase:
"Se un arxentino fixo iso no Brasil, imaxine 23".
OPINION PERSOAL
Pareceme que o uso da imaxe do Papa Francisco na publicidade da selección arxentina é un gran acerto. Xuntar o deporte ca relixión, sobre todo nun pais hispano con maioria catolica, aportaria valores de esforzo e superación a xuventude. Os publicistas logran deste xeito unha dualidade futbol-relixión sempre exitosa que que logra mover as masas, ademáis o video co seu espirtitu propagandístico (o cal ponme os pelos como escarpias) fai que supoña un orgullo para todos os arxentinos saber que a forza de Deus está agora de parte da súa selección.
ADRIAN SANCHEZ VAZQUEZ. 1ºBAC A.
Curiosa información
ResponderEliminarLois