sábado, 7 de diciembre de 2013

Eu teño medo cando petan na porta pola noite

A todos nos pasa. Algún medo aínda anda recente nas nosas mentes. Pode que se trate de medo á escuridade, á soidade, ás alturas… ou incluso medo a ter medo. Non entende de idade nin sexo, aínda que estes son dous factores que afectan ó tipo de medos que un pode chegar a ter. Pois os anhelos, pensamentos, necesidades e vivencias de cada un (varían co sexo e coa idade) serán as bases que os fundarán.
Dende a aparición da consciencia o medo está presente nas nosas vidas, afecta ós nosos actos e maneiras de pensar, incluso é capaz de illarnos e de crear persoas retorcidas e misteriosas. Se non somos capaces de poñerlle fin, serán capaces de facerse co control das nosas vidas.
Para evitar isto é preciso enfrontarnos a eles e poñerlles cara, pois unha frase di que o valente non é o que non ten medos, senón o que é capaz de enfrontarse a eles. Para isto, pode servir de axuda debuxar como pensas que son e desa maneira, os exteriorizas, os sacas de dentro túa para poder pensar con máis claridade se son ou non tan terribles, pois mentres estean dentro túa non te deixarán pensar ben.
Podemos clasificar os medos en racionais e irracionais. Os racionais teñen unha explicación máis ou menos lóxica, mentres que cos irracionais pasa todo o contrario, por iso dicimos que é mellor exteriorizalos para poder ser realistas.
En xeral, o medo no que todo o resto de medos se pode reducir é o medo ó descoñecido (non me subo ás alturas porque non sei qué pasará se o fago). O descoñecido é debido á ignorancia, o que dá lugar a supersticións e as supersticións, a medos irracionais.
E agora dirásme que o medo ás veces evítanos facer estupideces, pero esa é a razón, non confundas conceptos.
E ti, a qué lle tes medo?
                                                                                                                     Noemí Iglesias

1 comentario: