miércoles, 26 de enero de 2011

Investigamos prensa.

Un forte empuxe está a ter a nivel internacional á acción da CPLP, a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa, dende a asunción da presidencia bianual por parte da República de Angola no cumio de Luanda o pasado xullo do 2010. Neste eido, o cumio de Luanda baixo o lema “Solidaridade na Diversidade” acordou unha serie de iniciativas políticas a instancia da nova presidencia angoleña que reflicten claramente a vocación da CPLP de xogar un papel cada vez máis activo no escenario internacional.
Angola, país de máis de 17 millóns de habitantes e 1.246.700 quilómetros, é a principal das excolonias portuguesas no continente africano e un dos líderes naturais de África na nova década. Tras a súa independencia en 1975 de Portugal, estoupou unha sanguenta guerra civil entre o MPLA, o Movemento Popular para a Liberación de Angola, de corte socialista e a Unita, a Unión para a Independencia Total de Angola, aliada do sinistro réxime surafricano do apartheid. A guerra devastou o país, e a pesares de que se chegou a varios acordos de paz, todos eles foron crebados pola actitude belicista do líder de Unita, Jonas Savimbi. Non foi ata a súa morte cando se puido chegar a un acordo estable de paz e a progresiva normalización dun dos países máis castigados pola guerra en toda África.
Agora Angola presenta un futuro prometedor posto que o país, ademais dunha importante estabilidade política, conta con extensas reservas de petróleo, gas, diamantes e madeiras nobres, entre outros recursos, ademais das súas aguas ricas en pesca ao igual que a veciña Namibia. O Goberno actual, presidido por José Eduardo dos Santos, está a xogar un papel cada día máis activo a nivel internacional tanto pola actual presidencia da CPLP coma pola súa participación entre o grupo dos principais estados que compoñen a Unión Africana. Neste eido, Angola ten unhas especiais ­relacións con América Latina, e en especial coa rexión do Caribe e ­Centroamérica, non en balde recibiu apoio da República de Cuba na súa loita contra as tropas da Unita e as unidades de mercenarios apoiadas pola Suráfrica do apartheid. A relación con Cuba e os países da área é especialmente intensa nos planos político, económico e cultural e compleméntase coa que mantén co Brasil, co que comparten a afinidade de contar con gobernos de corte progresista.
Como presidente da Conferencia Eurocentroamericana tiven a oportunidade de observar a progresión nos últimos anos do papel e a influencia da CPLP baixo o mandato do seu secretario executivo, o prestixioso diplomático Domingos Simoes Pereira. Tanto nos últimos cumios da Conferencia Iberoamericana, celebrados en Estoril no 2009 e Bos Aires no 2010, coma no cumio da UE coa América Latina e o Caribe celebrado en Madrid ou o recente cumio da OSCE en Astana, ou no cumio África/UE celebrado en Lisboa, a voz da CPLP tense escoitado con maior interese e atención. De feito, os estados centroamericanos e caribeños están estudando establecer un mecanismo de colaboración e diálogo permanente coa CPLP coma xa teñen coa Unión Europea, os EE UU ou a Unasur. As institucións galegas terían que plantexarse se non é hora xa de que Galicia se incorpore coma membro observador na CPLP a carón de Angola, Brasil, Portugal, Mozambique, Guinea Bissau, Sao Tomé e Príncipe, Cabo Verde e Timor Leste. As nosas fortes afinidades de lingua, historia e cultura ábrennos a porta a pertencer, por dereito propio, a un dos principais organismos internacionais ao mesmo nivel da Comunidade da Francofonía ou a Comunidade Iberoamericana.

1ºSelecciona tres palabras que non coñezas e busca no diccionario.

Apartheid: Sistema de segregación das poboacións non brancas instituído de xeito oficial na República de Sudáfrica entre 1948 e 1991.
Unita: unitario.
Osce: pertencente a Huesca.



2º Facer unha ligazón a algún termo que necesite ampliación.

CPLP : comunidade dos países da lingua portuguesa.
http://www.cplp.org/

3º Facer unha ligazón a algunha imaxe vinculada ao artículo.

http://www.cplp.org/Files/Billeder/cplp/SE%20CerAC_visu.JPG

Sede dos países pertencentes a CPLP.

4º Situar o país nun mapa.

http://www.easyviajar.com/base/imgs/cartes/es/ANGOLA.gif

5º Ideas principais e conclusións.

1- Na sede da CPLP a partiren do seu lema, levaron a cabo unha serie de reformas políticas.
2- Trás estalar unha guerra e morrer Jonas Savimbi, en Angola chégase a un acordo de paz.
3- O presidente de Angola ten un papel importante no CPLP,e agora Angola ten un futuro prometedor.
4- Durante o mandato do secretario Domingo Simoes Pereira, o CPLP obtivo un gran progreso e estableceu relacións coa Unión Europea, os EE.UU ou a Unasur.

A conclusión é que xa é hora de que Galicia únase xunto ao resto dos países membros da CPLP.

actividade investigación

Un forte empuxe está a ter a nivel internacional á acción da CPLP, a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa, dende a asunción da presidencia bianual por parte da República de Angola no cumio de Luanda o pasado xullo do 2010. Neste eido, o cumio de Luanda baixo o lema “Solidaridade na Diversidade” acordou unha serie de iniciativas políticas a instancia da nova presidencia angoleña que reflicten claramente a vocación da CPLP de xogar un papel cada vez máis activo no escenario internacional.
Angola, país de máis de 17 millóns de habitantes e 1.246.700 quilómetros, é a principal das excolonias portuguesas no continente africano e un dos líderes naturais de África na nova década. Tras a súa independencia en 1975 de Portugal, estoupou unha sanguenta guerra civil entre o MPLA, o Movemento Popular para a Liberación de Angola, de corte socialista e a Unita, a Unión para a Independencia Total de Angola, aliada do sinistro réxime surafricano do apartheid. A guerra devastou o país, e a pesares de que se chegou a varios acordos de paz, todos eles foron crebados pola actitude belicista do líder de Unita, Jonas Savimbi. Non foi ata a súa morte cando se puido chegar a un acordo estable de paz e a progresiva normalización dun dos países máis castigados pola guerra en toda África.
Agora Angola presenta un futuro prometedor posto que o país, ademais dunha importante estabilidade política, conta con extensas reservas de petróleo, gas, diamantes e madeiras nobres, entre outros recursos, ademais das súas aguas ricas en pesca ao igual que a veciña Namibia. O Goberno actual, presidido por José Eduardo dos Santos, está a xogar un papel cada día máis activo a nivel internacional tanto pola actual presidencia da CPLP coma pola súa participación entre o grupo dos principais estados que compoñen a Unión Africana. Neste eido, Angola ten unhas especiais ­relacións con América Latina, e en especial coa rexión do Caribe e ­Centroamérica, non en balde recibiu apoio da República de Cuba na súa loita contra as tropas da Unita e as unidades de mercenarios apoiadas pola Suráfrica do apartheid. A relación con Cuba e os países da área é especialmente intensa nos planos político, económico e cultural e compleméntase coa que mantén co Brasil, co que comparten a afinidade de contar con gobernos de corte progresista.
Como presidente da Conferencia Eurocentroamericana tiven a oportunidade de observar a progresión nos últimos anos do papel e a influencia da CPLP baixo o mandato do seu secretario executivo, o prestixioso diplomático Domingos Simoes Pereira. Tanto nos últimos cumios da Conferencia Iberoamericana, celebrados en Estoril no 2009 e Bos Aires no 2010, coma no cumio da UE coa América Latina e o Caribe celebrado en Madrid ou o recente cumio da OSCE en Astana, ou no cumio África/UE celebrado en Lisboa, a voz da CPLP tense escoitado con maior interese e atención. De feito, os estados centroamericanos e caribeños están estudando establecer un mecanismo de colaboración e diálogo permanente coa CPLP coma xa teñen coa Unión Europea, os EE UU ou a Unasur. As institucións galegas terían que plantexarse se non é hora xa de que Galicia se incorpore coma membro observador na CPLP a carón de Angola, Brasil, Portugal, Mozambique, Guinea Bissau, Sao Tomé e Príncipe, Cabo Verde e Timor Leste. As nosas fortes afinidades de lingua, historia e cultura ábrennos a porta a pertencer, por dereito propio, a un dos principais organismos internacionais ao mesmo nivel da Comunidade da Francofonía ou a Comunidade Iberoamericana.


EXERCICIOS


1º- Selecciona tres palabras que non coñezas e buscaas no diccionario.

-Eido: conxunto do relacionado cunha determinada disciplina ou actividade.
-Apartheid: Sistema de segregación das poboacións non brancas instituído
                  de xeito oficial na república de sudáfrica entre 1948 e 1991.
-Belicista: Partidario da guerra.

Angola, a nova presidencia da CPLP.


-Selecciona  tres palabras que non coñezas  e búscaas no diccionario:
Cumio:  Cume, cima.
Eido:  Terra labradía cerrada sobre sí.
Francofonía:  Fala francesa.
-Facede unha ligazón a algún termo que necesite aclaración:
http://www.osce.org/
-Facer unha ligazón a algunha imaxe vinculada ó artigo:
http://www.africanidade.com/content_images/5/domingos%20simoes%20pereira.jpg
-Situar o país  nun mapa:
http://mapadeafrica.net/wp-content/uploads/2008/12/mapa-de-angola.gif
-Ideas principais e conclusión:
Angola foi seleccionada como presidente da CPLP.
Angola, país de máis de 17 millóns de habitantes e 1.246.700 quilómetros, é a principal das excolonias portuguesas no continente africano e un dos líderes naturais de África na nova década.
No pasado a guerra devastou o país.
Guillermo, Jenifer, Rosendo