sábado, 22 de marzo de 2014

Que sabemos de Rosalía?

Responde verdadeiro ou falso:

1-Viviu máis de 50 anos
2-Residiu algún tempo na Coruña
3-Coñece a Murguía en Santiago
4-Participou no teatro como actriz
5-Tivo 8 fillos e 5 netos
6-Cantares Gallegos publicouno con 26 anos
7-No traslado dos restos a San Domingos de Bonaval foi decisivo o papel da igrexa
8-Foi precursora de correntes de pensamento social
9-Foi unha escritora romántica
10-Antes de morrer intentou publicar as cartas e escritos inéditos


Casa A Coruña

lunes, 3 de marzo de 2014

Os fillos do mar

Ao comezo da novela atopámonos cun mapa cartográfico da costa sur de Galicia, onde aparecen a ría de Vigo e de Pontevedra. Fronte elas, sitúanse as fermosas illas Cíes e de Ons, onde aparece o Burato do Inferno.

Ponte de Rande (Vigo)
Illas Cíes (Vigo)


Vigo, unha cidade que Pedro Feijoo describe de forma fotográfica: ensínanos as rúas, prazas, os edificios (moitos deles construídos polo arquitecto Pacewicz).

Unha chamada inesperada dunha señora chamada Isabel Llobet cobre de intriga á Simón Varela, un arquitecto mediocre a quen se lle encarga a recuperación dun estanque secado na Casa Grande, xunto a praia de Canido. Prodúcese un Flash-back no que o autor provoca varios xiros no tempo. O falecemento de Isabel será o que de pé aos acontecementos e a causa pola que Simón e Mariña terán que descifrar xuntos.


Novela na que teño que recoñecer que en ocasións se me fixo un pouco lenta e pesada, por exemplo, os diálogos facíanse un pouco longos, e considero que a conversación poderíase manter igualmente pero sen tantas voltas, ou ben porque a intriga e a aventura cortábase de golpe... eses son os meus "pero" da novela. 

Pero a medida que avanzas atópaste enrolado de misterio, acción, historia, aventuras... acción na que non faltarán os narcotraficantes entre os que se sospeita Xulio Ascanio, fillo maior dos Dafonte Llobet, e uns nazis que chegan ó Burato do Inferno para apropiarse do ouro que abandonaran os piratas que o tomaran na Batalla de Rande. Ademáis, Feijoo narrao cargado de ironía, o que fai que nos provoque alguna sonrisa. Eses matices de humor foron os que me motivaron a seguir lendo.

Por último déixovos un enlace dunha entrevista na 41 feira do libro na Coruña.
Burato do Inferno (Illas Ons)