lunes, 28 de abril de 2014

Poema nº 26

Argumento:

Un home expresa o seu amor por unha muller que el idealiza, apórtanos que é triste, solitaria e que habita nos montes.

A muller respóndelle á declaración que a deixe soa, que dende que enviudou non pretende estar con home ningún.

Voz poética:

Primeiro fala o namorado e despois a muller. É unha voz dialogada.

Cantar Popular:

Non contén.

Recursos:

Obsérvanse numerosos epítetos que aportan unha maior musicalidade, hipérbatons que nos amosan os sentimentos que alberga o namorado, metáforas como por exemplo:

"Ti a estrela da mañanciñaque en puras tintas se baña".
Tamén hai paralelismos, anáforas, reiteracións, antítesis e pleonasmo como:

"Ramo verde e iaugua crara".

CANTARES GALLEGOS:

Poema 20:
"Máis ó que ben quixo un día,
se a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa dentro do seu corazón."

ARGUMENTO OU TEMA: Neste poema a autora intenta explicar que ainda que agora estea sorrindo, houbo momentos nos que o pasou mal por amor. Pero que volvera a ser feliz que volvera namorarse porque as suas experiencias demostran que é asi.

VOZ POETICA: A propia autora, Rosalía

MONOLOGADO OU DIALOGADO? Monologado

COMO INSIRE O CANTO POPULAR? Os primeiros verson pertences a un cantar popular que a autora emplea como comezo e tema do poema, ao que añade a sua propia opinion baseandose na sua experiencia.

RECURSOS: Este poema ten paralelismo e anáfora que lle dan moita musicalidade, metáforas que axudan a explicar os sentimentos, hipérbole para remarcar estos sentimentos e personificación para exaltar aínda máis os exemplos.

viernes, 25 de abril de 2014

Poema nº 10


-Argumento:
O poema trata dun desengano amoroso no cal, pola traizón da súa moza, deséxalle unha mala e desgraciada vida.

-Voz poética:
Un namorado

Monologado

- Cantar popular
Non ten

-Recursos
Aquí podemos observar varias metáforas que pretenden destacar as cualidades da moza.

"para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios"

jueves, 24 de abril de 2014

CANTARES GALLEGOS

Dúas escolmas de Cantares Gallegos

http://galicia.swred.com/escolmarosalia_cantares.htm

http://galicia.swred.com/escolmarosalia_cantares2.htm

-Cantos poemas lemos deste libro? Na presente escolma hai textos con temas variados. Imos seleccionar dous poemas de cada un dos seguintes temas: folclórico-costumista, amoroso, intimista, socio-patriótico. Anotamos o número para despois localizalos. Son temas puros ao longo do poema?

-Escollemos un poema calquera da escolma.
      *Escribimos o argumento ou tema.
      *Quen é a voz poética?
      *Monologado-dialogado?
      *Como insire o cantar popular?
      *Sinalamos algúns recursos poéticos (comparación, metáfora...) e explicamos que lle
        aporta ao poema.

sábado, 5 de abril de 2014

Os fillos do mar

A principio do trimestre, no club de lectura, comezamos a ler esta fantástica novela escrita por Pedro Feijoo,"Os fillos do mar". Unha gran mestura entre aventuras, suspense, historia e amor. 
Despoís de primeira impresión de "buf que gordo" cando o vin, unha vez que comezas a lelo a ganas de saber máis aventuras impide que o deixes aparcado. 

Simón Varela é un arquitecto vigués un tanto mediocre que un bo día recibe a chamada de  Isabel Llovet, a cabeza dunha importante e turbia familia das máis poderosas de Vigo, para ofrecerlle un proxecto de restauración na Casa Grande. Despóis da morte da señora Llovet, Simón vese sumerxido nun gran lio no que ao principio non entende porque está alí. Xunto a Mariña, filla de Isabel e Eneas Dafonte, empezan a investigar o verdadeiro pasado da familia e a causa pola que el está metido nesa intriga da que xa non pode sair. 
Toda esta historia contada cun gran toque humorístico e a importancia da arquitectura de Vigo, a cal Pedro Feijoo nos describe dunha forma tan detalla que na nosa mente parece que estamos vendo unha fotografía. Non so de Vigo senón tamén a importancia que cobra no relato a ponte de Rande, a illa de Ons e a ría de Vigo. 
Resumindo, é unha novela un pouco extensa pero que merece moito a pena que a leades.