sábado, 14 de diciembre de 2013

Ollos de Auga

Ollos de Auga é unha novela na que as accións ocorren en Vigo, na que o inspector Caldas xunto a o seu axudante, Rafael Estevez, terán que resolver un caso de asasinato. O asasinado foi un saxofonista chamado, Luís Reigosa, que apareceu morto na súa casa, na cal non hai ningunha proba, aínda que se supon que foi un crimen pasional.

Ao principio dudábase de varias persoas que podían haber cometido o crimen. Pero máis tarde pensase que foi Dimas Zurriga, un doutor moi coñecido, polas supostas relacións a escondidas co asasinado.

Todo indica que é el o asasino, o crimen pasional, por medo a que a súa muller, os socios da fundación Zurriga ou a xente do pobo que descubriran a súa outra vida.

Finalizando a historia, fixeron unha chamada ao programa de Leo Caldas, que dicía:
"Benvido sea a dor se é a causa do arrepentimento".

domingo, 8 de diciembre de 2013

Paixón polo baile

Poucas persoas teñen o que se chama paixón polo baile e creo que é algo innato, que se nace con el.
Dende pequena gústame o baile, a miña nai contoume que cando tiña 1 ano e medio, eu levantabáme, agarrábame a calquera cousa e poñíame a moverme ao ritmo da música. 

O noso corpo escoita unha nota e pónse en movemento... Quen non bailou algunha vez coa fregona, ou cunha balleta na man ou en calequer momento da vida cotiá, aínda que só fora un segundo? Iso é sentir a música.

Agora ben, teño que dicir que eu deixei o baile, non sei porqué, pero deixeino... Só sei que o vivo cando vexo alguén bailar e tamén sei que bailo na casa soa sen que ninguén me vexa para desfogar a rabia que teño no momento dado.

Alessia Mato

sábado, 7 de diciembre de 2013

Ollos de auga, Domingo Villar


Este libro relátanos a investigación que realiza o inspector Leo Caldas sobre o asasinato cometido na illa da Toralla dun músico. Este caso desenvólvese no entorno da cidade de Vigo, concretamente no ambiente nocturno. Durante a súa investigación vese implicado algún personaxe do círculo da alta burguesía viguesa.
Illa da Toralla

É unha novela apaixonante, moi entretida e ao mesmo tempo mézclase co humor que trata de envolver ó lector. Recoméndovos ler esta novela, xa que pasaredes un bo rato rindo coa forma de ser de Rafael Estévez que foi destinado en Vigo por mor da súa forma de traballar coma policía.

Ligazóns de interese:
-Máis información.
                                                         -O autor

Déixovos cunha curtametraxe feita por uns alumnos do IES Mendillo representando esta novela.



Fernando Costa

A TyC Sports usa ao Papa como incentivo para a seleccion arxentina nun anuncio da Copa do Mundo.

A TyC Sports, emisora de TELE da Arxentina especializada en deportes, lanzou este venres unha propaganda sobre a Copa do Mundo utilizando discursos do papa Francisco na Xornada Mundial da Mocidade, en Río.
O vídeo chamado "Xogo Bendito" foi lanzado inmediatamente tras o sorteo dos grupos, no cal a Arxentina quedou con Nixeria, Irán e Bosnia. Como as palabras do Papa arxentino son enchidas de referencias futbolísticas, as imaxes da selección comandada por Lionel Messi casan perfectamente cos discursos feitos en Brasil, en xullo deste ano.
"Que xoguemos en equipo", "nunca estamos sós", "non teñan medo", "sexan protagonistas" e as "cariocas saben recibir ben" son algunhas das frases de Francisco no vídeo.
No video o Papa refirese ao dianteiro portugués Cristiano Ronaldo, nun trocadiño ca palabra cristiáns, en español: "Estes 'cristiáns' son falsos", di.

No remate da propaganda, a emisora aínda provoca coa frase: "Se un arxentino fixo iso no Brasil, imaxine 23".



OPINION PERSOAL
Pareceme que o uso da imaxe do Papa Francisco na publicidade da selección arxentina é un gran acerto. Xuntar o deporte ca relixión, sobre todo nun pais hispano con maioria catolica, aportaria valores de esforzo e superación a xuventude. Os publicistas logran deste xeito unha dualidade futbol-relixión sempre exitosa que que logra  mover as masas,  ademáis o video co seu espirtitu propagandístico (o cal ponme os pelos como escarpias) fai que  supoña un  orgullo para todos os arxentinos saber que a forza de Deus está agora de parte da súa selección. 

ADRIAN SANCHEZ VAZQUEZ. 1ºBAC A.

DÍA A DÍA

Bos días. Xa son as 8 da mañá e toca erguerse para ir almorzar e chegar puntual á clase. Saímos do almorzo e imos xa de camiño á clase pasando un pouco de frío e mollándonos cando o tempo non axuda, que é moi a miúdo.

Despois das 6 horas de clase, voltamos de camiño á residencia todos os deportivistas xuntos para poder comer en compañía. Ao acabar é hora de descansar un pouco, se non hai traballo; ou poñerse a estudar, cando se require. Máis tarde, ás 5, saio da resi para ir ata Abegondo a adestrar e traballar no ximnasio. Xa, catro horas e media máis tarde e rebentado do esforzo físico, volvo para a resi para cear.

Logo, xa toca preparar todo para o día seguinte ou acabar de estudiar o que non deu tempo antes. Sobre as once  ou as once e media xa é hora de deitarse, despois de reunirnos nunha habitación a falar sobre temas variados de cada día.

Estar vivindo na residencia cun grupo de compañeiros ten momentos moi bos: os descansos, as conversacións, os xogos e o compañeirismo. Tamén hai situacións difíciles como cando estás enfermo e non tes ninguén que mire de ti ou cando estás só porque tes que quedar para xogar un partido e os compañeiros marcharon de fin de semana. Ás veces es feliz por estar independente da familia, pero outras veces bótala en falta.

A cotío así pasan os días, aínda que hai veces que esta regularidade se rompe debido a adestramentos noutras horas nas que non contabamos ou a tratamentos cando temos algunha lesión.

Como todo, ten cousas positivas e outras non tanto.
Este é o meu día a día e espero que siga sendo durante varios anos!! Boas noites.

Enrique Fornos

Eu teño medo cando petan na porta pola noite

A todos nos pasa. Algún medo aínda anda recente nas nosas mentes. Pode que se trate de medo á escuridade, á soidade, ás alturas… ou incluso medo a ter medo. Non entende de idade nin sexo, aínda que estes son dous factores que afectan ó tipo de medos que un pode chegar a ter. Pois os anhelos, pensamentos, necesidades e vivencias de cada un (varían co sexo e coa idade) serán as bases que os fundarán.
Dende a aparición da consciencia o medo está presente nas nosas vidas, afecta ós nosos actos e maneiras de pensar, incluso é capaz de illarnos e de crear persoas retorcidas e misteriosas. Se non somos capaces de poñerlle fin, serán capaces de facerse co control das nosas vidas.
Para evitar isto é preciso enfrontarnos a eles e poñerlles cara, pois unha frase di que o valente non é o que non ten medos, senón o que é capaz de enfrontarse a eles. Para isto, pode servir de axuda debuxar como pensas que son e desa maneira, os exteriorizas, os sacas de dentro túa para poder pensar con máis claridade se son ou non tan terribles, pois mentres estean dentro túa non te deixarán pensar ben.
Podemos clasificar os medos en racionais e irracionais. Os racionais teñen unha explicación máis ou menos lóxica, mentres que cos irracionais pasa todo o contrario, por iso dicimos que é mellor exteriorizalos para poder ser realistas.
En xeral, o medo no que todo o resto de medos se pode reducir é o medo ó descoñecido (non me subo ás alturas porque non sei qué pasará se o fago). O descoñecido é debido á ignorancia, o que dá lugar a supersticións e as supersticións, a medos irracionais.
E agora dirásme que o medo ás veces evítanos facer estupideces, pero esa é a razón, non confundas conceptos.
E ti, a qué lle tes medo?
                                                                                                                     Noemí Iglesias

jueves, 5 de diciembre de 2013

Tardes de evasión


O título exposto na miña entrada é todo o que sinto ó tocar o piano, un simple instrumento para moitos, pero para mín que o é todo. Dende pequena sempre foi algo que me chamou moito a atención, e aínda que non comezara antes, aquí atópome na actualidade aprendendo a tocalo con moito entusiasmo, e que algún día poida chegar a ser única e especial.


Cae a tarde. Ese son musical que escoito cada día, esa calma que me transmite palabras e que me gustaría poder compartilas contigo. Unha inmensa paz inflúe na miña mente a estas horas. Sinto a música, vexo como me leva a outra dimensión onde todo é benestar. Desaparecen todos os problemas, xorden sons que entusiasman, e recibir unha gota desa melodía é a mellor maneira de chegar ata un estado emocional. 
Endúlzase o meu pensamento!

Cada minuto que transcorre é infinito. Nada nin ninguén consegue irrumpir o acontecido na miña mente, nin o que absorbe o meu espíritu de piano que se escoita ao lonxe. Soa a música, nesta tarde de inverno, quedo perplexa por estas notas que me levan como o mar. Noto como me seduce a melodía, como me transmite esa calma, alivia o meu pensamento. 
Escoito e evádome deste mundo… quero seguir soñando!

domingo, 17 de noviembre de 2013

Brasil27: Riqueza escondida no lixo


Brasil, en 2012 produciu 64 millóns de toneladas de residuos. A gran maioría deles non foron reciclados podendo causar riscos a saude humada e ó medio ambiente.
Cada ano, Brasil perde 8 billóns de dólares ó enterrar este lixo que podería ser reciclado ou reutilizado.

O 27% dos residuos recaudados comezaron a recibir a destinación correcta grazas os 800 mil colectores e grazas a un sistema de colecta selectiva (presente en 766 municipios brasileños). Isto axuda a diminuir os impactos ambientais e a preservación dos recursos naturais.





A pesar do importante traballo que fan no son valorados. Ó traballar de forma individual dependen de intermediarios. Cada colector representa un pequeno volume deses intermediarios, non teñen ningún poder de negociación é reciben o menos posible polo seu material. Cando forman parte dunha asociación ou coperativa como a de Brasil27, poden engadir volume, o que aumenta o poder de negociación, os ingresos e a súa calidade de vida.
Co fin de defender os colectores creouse Ascampa (Asociación de Colectores y Colectoras de Materiais Reciclables da Rexión, Norte de Palmas )
Está formada por uns 40 recolectores , 12 de eles ademáis da recollida de residuos reciclables, tamén traballan no almacenamento, clasificación e prensado do material. Ademáis diso, a asociación recolle material das escolas e casas do barrio.

O FUTURO
Teñen a intención de ampliar o poder e o área de especialización dos colectores e a creación dunha rede con outras asociacións. Polo tanto, poderán cobrar un precio xusto polos materiais recollidos, aumentalas ventas, defender os dereitos dos colectores e ter acceso ós recursos públicos. 


Sara González Iglesias

martes, 12 de noviembre de 2013

EXPLOSIÓN DE GAS NOS ARREDORES DE MOSCÚ

Este luns día 11 de novembro, un edificio residencial dos arredores de Moscú veuse afectado por una tráxica explosión de gas. O Ministerio do Interior Ruso comunica que xa atopátonse cinco mortos. Entre eles un bebé de escasos seis meses de vida, una muller de 33 anos, uns anciáns... 

A explosión causou o derrubamento de máis de oito apartamentos e un ático doutro edificio dunhas nove plantas. Os servizos de emerxencia están a traballar sen descanso buscando a más veciños que puideron quedar agochados baixo os escombros. Atopáronse máis de seis persoas vivas, en estado grave, que foron trasladadas ao hospital, onde traballan seis brigadas de atendemento médico urxente.
Todos os veciños que pasaron pola explosión de gas son atendidos nos sanatorios e acollidos na casa da cultura máis cercana.

Grave acidente envolvendo 5 veículos fecha a rodovia Anhanguera

Grabe accidente envolviendo 5 vehículos cierra la carretera Anhanguera.


Grave acidente envolvendo cinco veículos fechou a rodovia Anhanguera, na tarde desta terça-feiraGrave accidente corta os dous sentidos da carretera Anhanguera, en São Paulo, o martes 12 de novembro de 2013, envolvendo polo menos tres camións e dous coches, ademais, provocou un gran incendio na carretera.
Non se sabe exactamente o número de víctimas posto que aínda hai persoas atrapadas nos vehículos.
O lume tardou bastante en ser controlado, e polo de agora non hai información sobre os danos causados.

Comentario Persoal: pareceme unha noticia horrible xa ques estos sucesos nunca son benvidos. Polo que se pode apreciar na fotografía foi un accidente moi aparatoso e o único que podemos facer e axudar a todas as familias que o están pasando mal nestes momentos debido o accidente, esperar que non haxa moitos mortos e concienciar a xente e tomar medidas para que non volva suceder.

Cristina Pato Cores

As armas impresas en 3D procupan a Europa

En Austria un novo tipo de pistola, que atravesou uns 4 mm nunha xelatina, que é parecida ao corpo humán. O impactante foi que fixo que se dispara cunha impresora 3D e un boceto dixital.
A policía está en alerta a cerca da proliferación do Sofware e que sexa só cuestión de tempo que se use para a violencia.
O creador disto foi Cody Wilson de Texas, que publicou un modelo de armas impresas en 3D ,que foi posto na rede e descargardo por 100.000 ordenadores,  os EE.UU obligaron a sacar do aire este programa pero é colgado noutros portais virtuais na que a xente o segue propagando.
Hai moita xente que lle parece imposible isto, e outros moitos están abraiados por esta nova e intentan conseguir este sofware.
A min parece unha noticia innovadora e perigosa, porque cunha impresora 3D podese sacar unha arma pero a vez é moi perigoso, porque todo o mundo pode facer unha e matar a xente.

PS4 no Brazil

A PS4 chegara ao Brazil o 29 de novembro, onde poderas comprala a traves de Internet en tendas como Walmart, Ponto Frio e Extra polo esaxerado prezo de R$ 3999, e dicir, uns 1350 euros, este prezo que supera catro veces o seu prezo en España é debido aos costes de importación, que implican un 63% do capital. Isto é un problema tanto para os brasileiros como para a marca Sony, polo que se está a baraxar a posibilidade de transladar parte da producción da PS4 a Brazil, como xa se fixera anteriormente ca PS3. 

Álvaro Noal

Vaia maneira de protestar!

O pintor ruso Piotr Pavlenski, foi hospitalizado o pasado domingo despois de clavar os seus testículos coa axuda dun martelo nos paralepípedos da Praza Vermella de Moscou. A obra de arte a que el chamou "Fixación", era unha protesta contra o goberno de Vladimir Putin, coincidindo co día da policía rusa. Completamente espido e coas súas partes íntimas clavadas nos paralepípedos, Pavlenski permanecu inmóvil por máis dunha hora mirando para os seus testículos, nunha acción que clasificou como "metáfora da apatía, indiferenza política e fatalismo da sociedade rusa actual". Temos que ter en conta que a temperatura media en Moscou é de 10ºC, polo que fixo un gran esforzo en poñerse despido.

O manifesto de Pavlenski dános máis explicacións sobre a motivación da obra de arte: "non é a arbitrariedade dos cargos públicos que priva a sociedade da súa capacidade de actuar, máis a súa fixación en derrotas e perdas que nos clava cada vez con máis forza aos paralepípedos do Kremlin, convertendo as persoas en estatuas que agardan resignadas, o seu destino"

Armas impresas en 3D que chegan a funcionar

 Dende o ano pasado, chegou a España a noticia da invención de impresoras 3D nas que dende o computador lle metias o boceto dun obxecto e a máquina podia fabricalo cun tipo de plástico de fácil encontro.

Isto anterior fixo que mentes abraiantes se lles dese por pensar na invención dunha nova arma fabricada coa impresora que; xa foi testada por funcionarios da xunta Austríaca na que tiveron unha experimentación positiva. A arma creada chegou a disparar un numero de 14 veces nas que o canon composto polo plástico non se quebrou.
Xente experta de diferentes partes do mundo xa deu a coñecer a súa opinión sobre o acontecido e outras persoas menos incautas deixaronse ver en blogues nos que existían bocetos de novas armas perigosas prohibidas pola UE e USA.


Se todos nós nos chegásemos a introducir no mundo do 3D non sería moi doado acabar facendo todo mal;ahí a inventar armas para matar xa dubido que fosemos capaces de non ter a suficiente teita para non ser conscientes do perigo ao que nos expoñemos.



SARA SÁNCHEZ

Filipinas precisa de 301 millóns de $ despois do tifón, según a ONU.

Son centos de millares os superviventes ao tifón Haiyan, que a semana pasada arrasou Filipinas, os que están vivindo unha situación catastrófica. Despois de perder a moitos seres queridos, as casas, as súas pertenzas.. non será doado esquecelo.

Máis de 10 mil persoas perderon a vida debido ao tifón, especialmente no sur do país.  O plan de axuda da ONU consiste en aportar alimentos, saneamento, aloxamento... nestes días. Debido a catástrofe a axuda non pode ser só momentánea, xa que a reconstrucción do país será bastante prolongada.

A UE estimou que enviará 10 M€ e EEUU 20 M€ en recurso, axuda humanitaria e apoio loxístico. Pero, gran parte destas axudas están paralizadas nos aeroportos debido a dificultade de transportar as mercadorías polo país. Esto tradúcese nas revoltas entre os superviventes por productos de hixiene e alimentos, que son moi escasos, e estanse a producir saqueos.

Ana Vázquez.

Grave accidente en rodovia Anhanguera

Hoxe pola mañá, nas carreteira de Brasil, que comunicaba  rodavia Anhanguera con   San Paulo, aconteceu un grave accidente, o cal, véronse envoltos cinco vehículos. E  ainda non se sabe se algúns dos pasaxeiros resultou herido.

O acidente involucrou a tres camións que pasaban por ahi de ruta, tamén dous coches veronse no problema. Este desgraciado acontecemento en piorou debido, a que coa colisión dos vehículos derá órixen a un fogo moi incrontolado que ainda non se sabe se deuse apagado. 

Todo isto, interrompeu hoxe esa carreteira moi concurrida polos vehículos que non poderán transitar por ela ata que se haxan solucionado o problema e ata que non encontren o orixen de como comenzou o accidente. 


Para máis información premas Aquí  

lunes, 11 de noviembre de 2013

Prensa desde Brasil

Somos capaces de ler un xornal brasileiro? Naturalmente. Neste exemplar imos buscar unha nova e un artigo. Resumimos as ideas máis importantes. Cantas palabras tivemos que buscar no dicionario? Se o precisas, aqui tes un.

Hai información (deportiva, cultural...) próxima a nós?

Busca ti outro xornal e compárao con algún coñecido (información, deseño, estrutura...)

Fai un comentario sobre esta información publicada onte, día 11.

sábado, 21 de septiembre de 2013

Do latín e outros

Expresións latinas en galego. Defíneas
Carpe diem 
ex-libris 
curriculum vitae 
vox populi 
cogito ergo sum 
urbi e orbe
in situ 

 Ordena temporalmente os seguintes acontecementos:

Os árabes chegan a Galicia 
Décimo Xuño Bruto derrota os galaicos 
Os suevos chegan a Galicia 
Xulio César percorre o territorio galego 
Octavio Augusto conquista Galicia

domingo, 24 de febrero de 2013

Lingua de reis

Manuscritos medievais

Queredes ver unha auténtica marabilla? Entrade nesta páxina e sorprendédevos. Son cinco minutos que compensan, sobre todo se pensamos no tempo que lles debeu levar aos autores

http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf/manuscript/manuscript_5a.html

Vaia traballo!!! E que pulso!

Sería posible hoxe algo parecido?