domingo, 25 de mayo de 2014

A qué nos referimos cando falamos de fantasía?

Non é fácil responder a esta pregunta, pero penso que é importante afondar un pouco máis nisto para conseguir entender mellor a realidade.
Nesta entrada vou comentar o relato Exilio de Edmond Hamilton, penso que é unha boa maneira, ademais de entretida, de reflexionar sobre este envolvente tema da fantasía ou da “parte oculta das nosas vidas”.
Pódense sacar varios aspectos neste relato, un deles é o do propio proceso de creación da fantasía, neste caso un relato de fantasía. Cando un autor, xa sexa pintor, escritor, músico… se pon a crear a súa obra, o primeiro que pensa é qué quere dicir. Para iso precisa ter un bon coñecemento dos personaxes, ambiente… que vai formar parte da súa obra. É dicir, comeza a introducirse nese mundo imaxinario. Pensa coma os personaxes, sinte o que senten, sabe perfectamente onde se moven e cada elemento que o vai formar.  Desta maneira aparece unha situación nada dun mesmo, algo que sae de dentro dun, pero… por qué levamos iso dentro e de ónde veu? Cal é a orixe diso que entendemos por fantasía?
Todo coñecemento baséase noutros xa aprendido e a súa conxugación, entón, ónde se aprenderon eses mundos “ficticios”? Non nos damos adaptado a esta realidade porque vimos doutra (a que levamos no noso subconsciente)? Entón, eses extractos no noso coñecemento veñen doutra vida pasada?
Todos inventamos realidades máis ou menos claras de algo que non é coñecido por todos. Aínda que isto pódese matizar. Hai moitos anos, cando non existía contacto posible con outras culturas, xa existían “fantasías universais”, mitos case idénticos en lugares incomunicados, son exemplo criaturas coma as pantasmas, as deidades femininas (ninfas, musas, fadas), vampiros (Súcubo en España, Barcolako en Grecia, Jararacas en Brasil)… Isto é unha das cousas que nos fai pensar que esas fantasías poden ser certas ou puideron existir noutros tempos ou noutras vidas.
A nosa mente é marabillosa, pero non nos mostra toda a realidade, hai cousas que non nos amosa ou que non queremos que nos amose. Ou quizais son cousas tan asombrosas que non somos capaces a entendelas, pero están alí dentro. Coñecer o medio é coñecerse a un mesmo, canto máis afondemos no que levamos dentro e intentemos sacar eses saberes, máis conseguiremos entender o mundo externo. Pero o único que sabemos, relativamente, é onde nos movemos agora.
Cómo pretendemos evolucionar vendo sempre a realidade? Debemos afondar en nós mesmos, na fantasía que levamos dentro. Todas as preguntas que nos facemos están escondidas no noso cerebro, pero poucas veces as atopamos e cada vez lle dedicamos menos tempo a reflexionar e máis a outras cousas materiais que pensamos que nos axudarán a evolucionar.
Por qué só é realidade o que vemos? Posto que iso que percibimos pasa polo filtro do noso cerebro. Quizais este ocúltanos en parte a realidade ou non sexamos o suficientemente intelixentes para descifralo.

martes, 20 de mayo de 2014

Este escritor e poeta galego ingresou no seminario de Santa Catalina de Mondoñedo no ano 1929.
De alí acabou en Madrid, como profesor. Este é o escritor ao que se lle dedicou o dia das letras galegas este ano.
Un dos seus poemas máis coñecidos é Penélope.
Poema no que compara a paciente Penélope, raiña de Itaca que tivo que esperar o seu home Ulises vinte anos, coa nosa querida Galiza.
Xosé María Díaz Castro é encuadrado na Xeración do 1936, con outros autores como Celso Emilio Ferreiro ou Ricardo Carballo. E a sua obra manifestase como unha reflexón sobre o destino humano, a traves da preocupación existencial e relixiosa.
"Hai unha cousa clara como a lus
que non é para min a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: outro home veu o mundo!

Eu coma un río fondo de recendos,
de voces e de luces: como o aire,
que beixa todo e non se pousa en nada
máis que no sangue, no raíz do sangue ..."


lunes, 19 de mayo de 2014

Unha grata experiencia

Cada día síntome máis orgullosa de formar parte do alumnado do IES ELVIÑA, e cando digo isto, é por unha razón de peso. O pasado xoves 15 de Maio contamos coa presenza dun escritor galego coñecido sobre todo pola súa novela "Os fillos do mar", él é Pedro Feijoo.

En primeiro lugar, mostrounos algunhas facetas da súa traxectoria que descoñecíamos, aparte de adicarse á escritura, tamén foi membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. Pero iso, deixou de ser importante para poder centrarse de cheo na literatura, xa que é un longo camiño, debido ós prexuízos que existen contra a literatura galega.

Posteriormente, algúns alumnos fixéronlle varias preguntas dende a súa vida ata as súas obras, unha desas cuestións foi que para escribir tes que sentir algún tipo de paixón ou algo no que te vexas reflexado para poder transmitilo, así que, Pedro respondeu con claridade e dixo que, por exemplo, nos fillos do mar quería deixar a constancia do peso da memoria da historia; a través do protagonista (Simón Varela) que rescatou a historia da cidade de Vigo e das súas construccións. Outra pregunta foi que de quen se había inspirado para escribir as súas novelas, él dixo que de varios autores importantes da historia da literatura galega como Rosalía, pero sobre todo en Eduardo Mendoza e Suso del Toro. Ademáis, tamén nos contou que na súa primeira novela (Os fillos do mar) non quería escribila cunha trama que podía ubicarse en calquer parte da xeografía española, senón todo o contario: construír unha trama que só sucedese en Galicia, utilizando uns referentes galegos, para darlle unha apariencia de novela áxil, entretida, pero cunha historia e cuns referentes nosos. 

domingo, 18 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Este ano, o día das Letras Galegas dedicouse a Xosé María Díaz Castro.

Xosé María Díaz Castro naceu en Guitiriz en 1914 e morreu en Lugo en 1990. Fillo dunha familia labrega, con 15 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo, onde coñeceu a Aquilino Iglesia Alvariño.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca, especializándose en linguas modernas. En 1948 trasládase a Madrid, onde traballa como traductor.

En 1954 casa con Mª Teresa Zubizarreta Bengoechea de Urretxu, con quen tivo 3 fillos.

O contacto con Aquilino Iglesia Alvariño foi o que exerceu un estímulo decisivo na súa promoción como escritor e para comezar a escribir en galego, publicando en El Progreso Villalbés en 1931 os seus primeiros versos en galego.

En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e Nimbos, a súa obra máis importanteeditada por Galaxia no 1961. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos e multitude de poemas 

Adoita ser encadrado na Xeración do 36 a carón de poetas como Carbalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño.

Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", relfexiona sobre unha Galiza que permanece durmida, pero non perde a esperanza para a súa terra.

En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).


Se queres saber máis...
Preme aquí





Sara González Iglesias

domingo, 11 de mayo de 2014

Sés

https://www.youtube.com/watch?v=eXJA5NYF_cQ

Acabo de escoitar esta canción na radio galega e deronme ganas de compartir esta canción. 
Esta moza con tan bonita voz e tan simpática estudiou no noso instituto e xa nos fixo unha visita fai un anos.
Deixovos aquí unha entrevista que fixo tamen fai tempo por se vos entra curiosidade sobre ela. 
De todas formas recomendovos que a escoitedes porque paga a pena, prometovolo!

Xa me diredes! Seguro que vos encanta!

jueves, 1 de mayo de 2014

Castellanos de Castilla (poema 28)


O tema deste poema de Rosalía é o maltrato que recibían os galegos por parte dos casteláns. Expresa un lamento por aqueles galegos que teñen que partir a Castela. Menciona que os galegos volven peor do que estaban antes.

É un poema monologado  no que a voz poética é a propia Rosalia pero creemos que quere falar en nome de todos os galegos  facendo un chamamento a xente de Castela.

O cantar popular insire dunha forma notable. Pódense ver a utilización dun linguaxe coloquial, utilización de exclamacións... 

Os recursos poéticos que utiliza son: a utilización de contrastes, epítetos, utilización de anáforas... Chámalles ós casteláns "fillos do deserto" querendo reflectir os campos áridos e pouco esplendorosos de Castela e exaltando os campos floridos e verdes da nosa Galicia.

"Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos,
cando van, van como rosas;
cando véná vén como negros."


Aquí deixamos o poema recitado... Preme aquí




Sara González Iglesias 
Álvaro Noal Mariño