domingo, 25 de mayo de 2014

A qué nos referimos cando falamos de fantasía?

Non é fácil responder a esta pregunta, pero penso que é importante afondar un pouco máis nisto para conseguir entender mellor a realidade.
Nesta entrada vou comentar o relato Exilio de Edmond Hamilton, penso que é unha boa maneira, ademais de entretida, de reflexionar sobre este envolvente tema da fantasía ou da “parte oculta das nosas vidas”.
Pódense sacar varios aspectos neste relato, un deles é o do propio proceso de creación da fantasía, neste caso un relato de fantasía. Cando un autor, xa sexa pintor, escritor, músico… se pon a crear a súa obra, o primeiro que pensa é qué quere dicir. Para iso precisa ter un bon coñecemento dos personaxes, ambiente… que vai formar parte da súa obra. É dicir, comeza a introducirse nese mundo imaxinario. Pensa coma os personaxes, sinte o que senten, sabe perfectamente onde se moven e cada elemento que o vai formar.  Desta maneira aparece unha situación nada dun mesmo, algo que sae de dentro dun, pero… por qué levamos iso dentro e de ónde veu? Cal é a orixe diso que entendemos por fantasía?
Todo coñecemento baséase noutros xa aprendido e a súa conxugación, entón, ónde se aprenderon eses mundos “ficticios”? Non nos damos adaptado a esta realidade porque vimos doutra (a que levamos no noso subconsciente)? Entón, eses extractos no noso coñecemento veñen doutra vida pasada?
Todos inventamos realidades máis ou menos claras de algo que non é coñecido por todos. Aínda que isto pódese matizar. Hai moitos anos, cando non existía contacto posible con outras culturas, xa existían “fantasías universais”, mitos case idénticos en lugares incomunicados, son exemplo criaturas coma as pantasmas, as deidades femininas (ninfas, musas, fadas), vampiros (Súcubo en España, Barcolako en Grecia, Jararacas en Brasil)… Isto é unha das cousas que nos fai pensar que esas fantasías poden ser certas ou puideron existir noutros tempos ou noutras vidas.
A nosa mente é marabillosa, pero non nos mostra toda a realidade, hai cousas que non nos amosa ou que non queremos que nos amose. Ou quizais son cousas tan asombrosas que non somos capaces a entendelas, pero están alí dentro. Coñecer o medio é coñecerse a un mesmo, canto máis afondemos no que levamos dentro e intentemos sacar eses saberes, máis conseguiremos entender o mundo externo. Pero o único que sabemos, relativamente, é onde nos movemos agora.
Cómo pretendemos evolucionar vendo sempre a realidade? Debemos afondar en nós mesmos, na fantasía que levamos dentro. Todas as preguntas que nos facemos están escondidas no noso cerebro, pero poucas veces as atopamos e cada vez lle dedicamos menos tempo a reflexionar e máis a outras cousas materiais que pensamos que nos axudarán a evolucionar.
Por qué só é realidade o que vemos? Posto que iso que percibimos pasa polo filtro do noso cerebro. Quizais este ocúltanos en parte a realidade ou non sexamos o suficientemente intelixentes para descifralo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario