sábado, 14 de diciembre de 2013

Ollos de Auga

Ollos de Auga é unha novela na que as accións ocorren en Vigo, na que o inspector Caldas xunto a o seu axudante, Rafael Estevez, terán que resolver un caso de asasinato. O asasinado foi un saxofonista chamado, Luís Reigosa, que apareceu morto na súa casa, na cal non hai ningunha proba, aínda que se supon que foi un crimen pasional.

Ao principio dudábase de varias persoas que podían haber cometido o crimen. Pero máis tarde pensase que foi Dimas Zurriga, un doutor moi coñecido, polas supostas relacións a escondidas co asasinado.

Todo indica que é el o asasino, o crimen pasional, por medo a que a súa muller, os socios da fundación Zurriga ou a xente do pobo que descubriran a súa outra vida.

Finalizando a historia, fixeron unha chamada ao programa de Leo Caldas, que dicía:
"Benvido sea a dor se é a causa do arrepentimento".

domingo, 8 de diciembre de 2013

Paixón polo baile

Poucas persoas teñen o que se chama paixón polo baile e creo que é algo innato, que se nace con el.
Dende pequena gústame o baile, a miña nai contoume que cando tiña 1 ano e medio, eu levantabáme, agarrábame a calquera cousa e poñíame a moverme ao ritmo da música. 

O noso corpo escoita unha nota e pónse en movemento... Quen non bailou algunha vez coa fregona, ou cunha balleta na man ou en calequer momento da vida cotiá, aínda que só fora un segundo? Iso é sentir a música.

Agora ben, teño que dicir que eu deixei o baile, non sei porqué, pero deixeino... Só sei que o vivo cando vexo alguén bailar e tamén sei que bailo na casa soa sen que ninguén me vexa para desfogar a rabia que teño no momento dado.

Alessia Mato

sábado, 7 de diciembre de 2013

Ollos de auga, Domingo Villar


Este libro relátanos a investigación que realiza o inspector Leo Caldas sobre o asasinato cometido na illa da Toralla dun músico. Este caso desenvólvese no entorno da cidade de Vigo, concretamente no ambiente nocturno. Durante a súa investigación vese implicado algún personaxe do círculo da alta burguesía viguesa.
Illa da Toralla

É unha novela apaixonante, moi entretida e ao mesmo tempo mézclase co humor que trata de envolver ó lector. Recoméndovos ler esta novela, xa que pasaredes un bo rato rindo coa forma de ser de Rafael Estévez que foi destinado en Vigo por mor da súa forma de traballar coma policía.

Ligazóns de interese:
-Máis información.
                                                         -O autor

Déixovos cunha curtametraxe feita por uns alumnos do IES Mendillo representando esta novela.



Fernando Costa

A TyC Sports usa ao Papa como incentivo para a seleccion arxentina nun anuncio da Copa do Mundo.

A TyC Sports, emisora de TELE da Arxentina especializada en deportes, lanzou este venres unha propaganda sobre a Copa do Mundo utilizando discursos do papa Francisco na Xornada Mundial da Mocidade, en Río.
O vídeo chamado "Xogo Bendito" foi lanzado inmediatamente tras o sorteo dos grupos, no cal a Arxentina quedou con Nixeria, Irán e Bosnia. Como as palabras do Papa arxentino son enchidas de referencias futbolísticas, as imaxes da selección comandada por Lionel Messi casan perfectamente cos discursos feitos en Brasil, en xullo deste ano.
"Que xoguemos en equipo", "nunca estamos sós", "non teñan medo", "sexan protagonistas" e as "cariocas saben recibir ben" son algunhas das frases de Francisco no vídeo.
No video o Papa refirese ao dianteiro portugués Cristiano Ronaldo, nun trocadiño ca palabra cristiáns, en español: "Estes 'cristiáns' son falsos", di.

No remate da propaganda, a emisora aínda provoca coa frase: "Se un arxentino fixo iso no Brasil, imaxine 23".



OPINION PERSOAL
Pareceme que o uso da imaxe do Papa Francisco na publicidade da selección arxentina é un gran acerto. Xuntar o deporte ca relixión, sobre todo nun pais hispano con maioria catolica, aportaria valores de esforzo e superación a xuventude. Os publicistas logran deste xeito unha dualidade futbol-relixión sempre exitosa que que logra  mover as masas,  ademáis o video co seu espirtitu propagandístico (o cal ponme os pelos como escarpias) fai que  supoña un  orgullo para todos os arxentinos saber que a forza de Deus está agora de parte da súa selección. 

ADRIAN SANCHEZ VAZQUEZ. 1ºBAC A.

DÍA A DÍA

Bos días. Xa son as 8 da mañá e toca erguerse para ir almorzar e chegar puntual á clase. Saímos do almorzo e imos xa de camiño á clase pasando un pouco de frío e mollándonos cando o tempo non axuda, que é moi a miúdo.

Despois das 6 horas de clase, voltamos de camiño á residencia todos os deportivistas xuntos para poder comer en compañía. Ao acabar é hora de descansar un pouco, se non hai traballo; ou poñerse a estudar, cando se require. Máis tarde, ás 5, saio da resi para ir ata Abegondo a adestrar e traballar no ximnasio. Xa, catro horas e media máis tarde e rebentado do esforzo físico, volvo para a resi para cear.

Logo, xa toca preparar todo para o día seguinte ou acabar de estudiar o que non deu tempo antes. Sobre as once  ou as once e media xa é hora de deitarse, despois de reunirnos nunha habitación a falar sobre temas variados de cada día.

Estar vivindo na residencia cun grupo de compañeiros ten momentos moi bos: os descansos, as conversacións, os xogos e o compañeirismo. Tamén hai situacións difíciles como cando estás enfermo e non tes ninguén que mire de ti ou cando estás só porque tes que quedar para xogar un partido e os compañeiros marcharon de fin de semana. Ás veces es feliz por estar independente da familia, pero outras veces bótala en falta.

A cotío así pasan os días, aínda que hai veces que esta regularidade se rompe debido a adestramentos noutras horas nas que non contabamos ou a tratamentos cando temos algunha lesión.

Como todo, ten cousas positivas e outras non tanto.
Este é o meu día a día e espero que siga sendo durante varios anos!! Boas noites.

Enrique Fornos

Eu teño medo cando petan na porta pola noite

A todos nos pasa. Algún medo aínda anda recente nas nosas mentes. Pode que se trate de medo á escuridade, á soidade, ás alturas… ou incluso medo a ter medo. Non entende de idade nin sexo, aínda que estes son dous factores que afectan ó tipo de medos que un pode chegar a ter. Pois os anhelos, pensamentos, necesidades e vivencias de cada un (varían co sexo e coa idade) serán as bases que os fundarán.
Dende a aparición da consciencia o medo está presente nas nosas vidas, afecta ós nosos actos e maneiras de pensar, incluso é capaz de illarnos e de crear persoas retorcidas e misteriosas. Se non somos capaces de poñerlle fin, serán capaces de facerse co control das nosas vidas.
Para evitar isto é preciso enfrontarnos a eles e poñerlles cara, pois unha frase di que o valente non é o que non ten medos, senón o que é capaz de enfrontarse a eles. Para isto, pode servir de axuda debuxar como pensas que son e desa maneira, os exteriorizas, os sacas de dentro túa para poder pensar con máis claridade se son ou non tan terribles, pois mentres estean dentro túa non te deixarán pensar ben.
Podemos clasificar os medos en racionais e irracionais. Os racionais teñen unha explicación máis ou menos lóxica, mentres que cos irracionais pasa todo o contrario, por iso dicimos que é mellor exteriorizalos para poder ser realistas.
En xeral, o medo no que todo o resto de medos se pode reducir é o medo ó descoñecido (non me subo ás alturas porque non sei qué pasará se o fago). O descoñecido é debido á ignorancia, o que dá lugar a supersticións e as supersticións, a medos irracionais.
E agora dirásme que o medo ás veces evítanos facer estupideces, pero esa é a razón, non confundas conceptos.
E ti, a qué lle tes medo?
                                                                                                                     Noemí Iglesias

jueves, 5 de diciembre de 2013

Tardes de evasión


O título exposto na miña entrada é todo o que sinto ó tocar o piano, un simple instrumento para moitos, pero para mín que o é todo. Dende pequena sempre foi algo que me chamou moito a atención, e aínda que non comezara antes, aquí atópome na actualidade aprendendo a tocalo con moito entusiasmo, e que algún día poida chegar a ser única e especial.


Cae a tarde. Ese son musical que escoito cada día, esa calma que me transmite palabras e que me gustaría poder compartilas contigo. Unha inmensa paz inflúe na miña mente a estas horas. Sinto a música, vexo como me leva a outra dimensión onde todo é benestar. Desaparecen todos os problemas, xorden sons que entusiasman, e recibir unha gota desa melodía é a mellor maneira de chegar ata un estado emocional. 
Endúlzase o meu pensamento!

Cada minuto que transcorre é infinito. Nada nin ninguén consegue irrumpir o acontecido na miña mente, nin o que absorbe o meu espíritu de piano que se escoita ao lonxe. Soa a música, nesta tarde de inverno, quedo perplexa por estas notas que me levan como o mar. Noto como me seduce a melodía, como me transmite esa calma, alivia o meu pensamento. 
Escoito e evádome deste mundo… quero seguir soñando!