sábado, 14 de diciembre de 2013

Ollos de Auga

Ollos de Auga é unha novela na que as accións ocorren en Vigo, na que o inspector Caldas xunto a o seu axudante, Rafael Estevez, terán que resolver un caso de asasinato. O asasinado foi un saxofonista chamado, Luís Reigosa, que apareceu morto na súa casa, na cal non hai ningunha proba, aínda que se supon que foi un crimen pasional.

Ao principio dudábase de varias persoas que podían haber cometido o crimen. Pero máis tarde pensase que foi Dimas Zurriga, un doutor moi coñecido, polas supostas relacións a escondidas co asasinado.

Todo indica que é el o asasino, o crimen pasional, por medo a que a súa muller, os socios da fundación Zurriga ou a xente do pobo que descubriran a súa outra vida.

Finalizando a historia, fixeron unha chamada ao programa de Leo Caldas, que dicía:
"Benvido sea a dor se é a causa do arrepentimento".

Caldas pensaba que era unha tontería que o criminal deixara pistas voluntariamente, enton deronse conta de que algo fallaba.

Foron a visitar a muller de Dimas Zurriga, que nese momento estaba chorando na súa mansión, os inspectores convencidos de que ela era inocente e que non quería saber nada.

 Cando salían pola porta, entrou un can , que era dun Dj dun bar de ambiente homosexual, nese momento deronse conta de que a súa muller era a que cometeu o crimen, tras non notar que había amor nesa relación, e saber que o seu esposo tiña relacións con outras persoas, pensaba que podía deixala soa, para irse con el se saíra a luz a relación, e por iso quixo asegurar a fortuna, matando ao seu amante.

Para mín o libro pareceume moi interesante e entretido, principalmente polo compañeiro de Caldas,que fixo a historia moito máis levadeira coas súas contestacións e a súa forma de ser. Para mín o pero desta novela policiaca foi, que o autor podía ser algo máis curta, porque parece que dí demasiado en algunhas ocasións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario