
Cae a tarde. Ese son musical que escoito cada día, esa calma que me transmite palabras e que me gustaría poder compartilas contigo. Unha inmensa paz inflúe na miña mente a estas horas. Sinto a música, vexo como me leva a outra dimensión onde todo é benestar. Desaparecen todos os problemas, xorden sons que entusiasman, e recibir unha gota desa melodía é a mellor maneira de chegar ata un estado emocional.
Endúlzase o meu pensamento!
Cada minuto que transcorre é infinito. Nada nin ninguén consegue irrumpir o
acontecido na miña mente, nin o que absorbe o meu espíritu de piano que se
escoita ao lonxe. Soa a música, nesta tarde de inverno, quedo perplexa por
estas notas que me levan como o mar. Noto como me seduce a melodía, como me
transmite esa calma, alivia o meu pensamento.
Escoito e evádome deste mundo…
quero seguir soñando!
Que emoción e con que palabras tan poéticas o expresas, Laura. Parabéns!
ResponderEliminarLois