jueves, 14 de abril de 2011

Portugués en Senegal

O portugués ensínase en Senegal na educación secundaria e superior

Senegal, país con estatuto de observador da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), constitúe un caso sen paralelo no panorama do ensino do portugués fóra do mundo lusófono, xa que é estudado no ensino medio, secundario e superior


O interese dos países estranxeiros incrementa o valor da lingua portuguesa

Mellorar a calidade das revistas científicas editadas nos países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), identificar áreas de actividade en que a lingua portuguesa poida contribuír ao desenvolvemento económico e reforzar o investimento en formación de profesores de portugués son algunhas das propostas presentadas por especialistas lusófonos para promover e difundir o portugués en todo o mundo.
Fonte: TV Ciência

O alumnado dunha universidade de Pequín aprende a importancia internacional do portugués

Nas primeiras clases do curso de portugués, o alumnado da Universidade de Estudos Estranxeiros de Pequín aprende os nomes dos oito países lusófonos, descubrindo que esta lingua non se fala unicamente en Portugal ou no Brasil.
Fonte: Jornali

Macau ocupa unha posición estratéxica para a difusión do portugués en Oriente

A directora do departamento de Estudos Portugueses da Universidade de Macau espera que no Plan de Acción de Lisboa, pendente de aprobar pola Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), haxa unha referencia ao portugués como lingua oficial da Rexión Administrativa Especial chinesa, que ocupa unha posición estratéxica na difusión desta lingua en todo o continente asiático.