lunes, 19 de mayo de 2014

Unha grata experiencia

Cada día síntome máis orgullosa de formar parte do alumnado do IES ELVIÑA, e cando digo isto, é por unha razón de peso. O pasado xoves 15 de Maio contamos coa presenza dun escritor galego coñecido sobre todo pola súa novela "Os fillos do mar", él é Pedro Feijoo.

En primeiro lugar, mostrounos algunhas facetas da súa traxectoria que descoñecíamos, aparte de adicarse á escritura, tamén foi membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. Pero iso, deixou de ser importante para poder centrarse de cheo na literatura, xa que é un longo camiño, debido ós prexuízos que existen contra a literatura galega.

Posteriormente, algúns alumnos fixéronlle varias preguntas dende a súa vida ata as súas obras, unha desas cuestións foi que para escribir tes que sentir algún tipo de paixón ou algo no que te vexas reflexado para poder transmitilo, así que, Pedro respondeu con claridade e dixo que, por exemplo, nos fillos do mar quería deixar a constancia do peso da memoria da historia; a través do protagonista (Simón Varela) que rescatou a historia da cidade de Vigo e das súas construccións. Outra pregunta foi que de quen se había inspirado para escribir as súas novelas, él dixo que de varios autores importantes da historia da literatura galega como Rosalía, pero sobre todo en Eduardo Mendoza e Suso del Toro. Ademáis, tamén nos contou que na súa primeira novela (Os fillos do mar) non quería escribila cunha trama que podía ubicarse en calquer parte da xeografía española, senón todo o contario: construír unha trama que só sucedese en Galicia, utilizando uns referentes galegos, para darlle unha apariencia de novela áxil, entretida, pero cunha historia e cuns referentes nosos. 


Finalmente, amosounos dous cadernos nos que escribe todo tipo de garabatos, debuxos e algunhas ideas que ten pensadas para a construcción da súa próxima novela que trataráse dunha comedia, e escribiu unha dedicatoria a un dos seus libros para a nosa biblioteca. A miña opinión personal sobre a visita de Pedro, é a súa facilidade e humildade coa que transmite as cousas, sempre contando cun toque humorístico, co que fai máis divertida e interesante a charla. Así que, espero que cando remate coa súa próxima obra veña a falarnos sobre ela e de paso facernos outra visitiña! Ata pronto Pedro!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario