miércoles, 26 de enero de 2011

actividade investigación

Un forte empuxe está a ter a nivel internacional á acción da CPLP, a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa, dende a asunción da presidencia bianual por parte da República de Angola no cumio de Luanda o pasado xullo do 2010. Neste eido, o cumio de Luanda baixo o lema “Solidaridade na Diversidade” acordou unha serie de iniciativas políticas a instancia da nova presidencia angoleña que reflicten claramente a vocación da CPLP de xogar un papel cada vez máis activo no escenario internacional.
Angola, país de máis de 17 millóns de habitantes e 1.246.700 quilómetros, é a principal das excolonias portuguesas no continente africano e un dos líderes naturais de África na nova década. Tras a súa independencia en 1975 de Portugal, estoupou unha sanguenta guerra civil entre o MPLA, o Movemento Popular para a Liberación de Angola, de corte socialista e a Unita, a Unión para a Independencia Total de Angola, aliada do sinistro réxime surafricano do apartheid. A guerra devastou o país, e a pesares de que se chegou a varios acordos de paz, todos eles foron crebados pola actitude belicista do líder de Unita, Jonas Savimbi. Non foi ata a súa morte cando se puido chegar a un acordo estable de paz e a progresiva normalización dun dos países máis castigados pola guerra en toda África.
Agora Angola presenta un futuro prometedor posto que o país, ademais dunha importante estabilidade política, conta con extensas reservas de petróleo, gas, diamantes e madeiras nobres, entre outros recursos, ademais das súas aguas ricas en pesca ao igual que a veciña Namibia. O Goberno actual, presidido por José Eduardo dos Santos, está a xogar un papel cada día máis activo a nivel internacional tanto pola actual presidencia da CPLP coma pola súa participación entre o grupo dos principais estados que compoñen a Unión Africana. Neste eido, Angola ten unhas especiais ­relacións con América Latina, e en especial coa rexión do Caribe e ­Centroamérica, non en balde recibiu apoio da República de Cuba na súa loita contra as tropas da Unita e as unidades de mercenarios apoiadas pola Suráfrica do apartheid. A relación con Cuba e os países da área é especialmente intensa nos planos político, económico e cultural e compleméntase coa que mantén co Brasil, co que comparten a afinidade de contar con gobernos de corte progresista.
Como presidente da Conferencia Eurocentroamericana tiven a oportunidade de observar a progresión nos últimos anos do papel e a influencia da CPLP baixo o mandato do seu secretario executivo, o prestixioso diplomático Domingos Simoes Pereira. Tanto nos últimos cumios da Conferencia Iberoamericana, celebrados en Estoril no 2009 e Bos Aires no 2010, coma no cumio da UE coa América Latina e o Caribe celebrado en Madrid ou o recente cumio da OSCE en Astana, ou no cumio África/UE celebrado en Lisboa, a voz da CPLP tense escoitado con maior interese e atención. De feito, os estados centroamericanos e caribeños están estudando establecer un mecanismo de colaboración e diálogo permanente coa CPLP coma xa teñen coa Unión Europea, os EE UU ou a Unasur. As institucións galegas terían que plantexarse se non é hora xa de que Galicia se incorpore coma membro observador na CPLP a carón de Angola, Brasil, Portugal, Mozambique, Guinea Bissau, Sao Tomé e Príncipe, Cabo Verde e Timor Leste. As nosas fortes afinidades de lingua, historia e cultura ábrennos a porta a pertencer, por dereito propio, a un dos principais organismos internacionais ao mesmo nivel da Comunidade da Francofonía ou a Comunidade Iberoamericana.


EXERCICIOS


1º- Selecciona tres palabras que non coñezas e buscaas no diccionario.

-Eido: conxunto do relacionado cunha determinada disciplina ou actividade.
-Apartheid: Sistema de segregación das poboacións non brancas instituído
                  de xeito oficial na república de sudáfrica entre 1948 e 1991.
-Belicista: Partidario da guerra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario