martes, 12 de noviembre de 2013

Vaia maneira de protestar!

O pintor ruso Piotr Pavlenski, foi hospitalizado o pasado domingo despois de clavar os seus testículos coa axuda dun martelo nos paralepípedos da Praza Vermella de Moscou. A obra de arte a que el chamou "Fixación", era unha protesta contra o goberno de Vladimir Putin, coincidindo co día da policía rusa. Completamente espido e coas súas partes íntimas clavadas nos paralepípedos, Pavlenski permanecu inmóvil por máis dunha hora mirando para os seus testículos, nunha acción que clasificou como "metáfora da apatía, indiferenza política e fatalismo da sociedade rusa actual". Temos que ter en conta que a temperatura media en Moscou é de 10ºC, polo que fixo un gran esforzo en poñerse despido.

O manifesto de Pavlenski dános máis explicacións sobre a motivación da obra de arte: "non é a arbitrariedade dos cargos públicos que priva a sociedade da súa capacidade de actuar, máis a súa fixación en derrotas e perdas que nos clava cada vez con máis forza aos paralepípedos do Kremlin, convertendo as persoas en estatuas que agardan resignadas, o seu destino"

No hay comentarios:

Publicar un comentario