martes, 12 de noviembre de 2013

Filipinas precisa de 301 millóns de $ despois do tifón, según a ONU.

Son centos de millares os superviventes ao tifón Haiyan, que a semana pasada arrasou Filipinas, os que están vivindo unha situación catastrófica. Despois de perder a moitos seres queridos, as casas, as súas pertenzas.. non será doado esquecelo.

Máis de 10 mil persoas perderon a vida debido ao tifón, especialmente no sur do país.  O plan de axuda da ONU consiste en aportar alimentos, saneamento, aloxamento... nestes días. Debido a catástrofe a axuda non pode ser só momentánea, xa que a reconstrucción do país será bastante prolongada.

A UE estimou que enviará 10 M€ e EEUU 20 M€ en recurso, axuda humanitaria e apoio loxístico. Pero, gran parte destas axudas están paralizadas nos aeroportos debido a dificultade de transportar as mercadorías polo país. Esto tradúcese nas revoltas entre os superviventes por productos de hixiene e alimentos, que son moi escasos, e estanse a producir saqueos.

Ana Vázquez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario