Mostrando entradas con la etiqueta Marta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Marta. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de mayo de 2014

Este escritor e poeta galego ingresou no seminario de Santa Catalina de Mondoñedo no ano 1929.
De alí acabou en Madrid, como profesor. Este é o escritor ao que se lle dedicou o dia das letras galegas este ano.
Un dos seus poemas máis coñecidos é Penélope.
Poema no que compara a paciente Penélope, raiña de Itaca que tivo que esperar o seu home Ulises vinte anos, coa nosa querida Galiza.
Xosé María Díaz Castro é encuadrado na Xeración do 1936, con outros autores como Celso Emilio Ferreiro ou Ricardo Carballo. E a sua obra manifestase como unha reflexón sobre o destino humano, a traves da preocupación existencial e relixiosa.
"Hai unha cousa clara como a lus
que non é para min a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: outro home veu o mundo!

Eu coma un río fondo de recendos,
de voces e de luces: como o aire,
que beixa todo e non se pousa en nada
máis que no sangue, no raíz do sangue ..."


domingo, 11 de mayo de 2014

Sés

https://www.youtube.com/watch?v=eXJA5NYF_cQ

Acabo de escoitar esta canción na radio galega e deronme ganas de compartir esta canción. 
Esta moza con tan bonita voz e tan simpática estudiou no noso instituto e xa nos fixo unha visita fai un anos.
Deixovos aquí unha entrevista que fixo tamen fai tempo por se vos entra curiosidade sobre ela. 
De todas formas recomendovos que a escoitedes porque paga a pena, prometovolo!

Xa me diredes! Seguro que vos encanta!

lunes, 28 de abril de 2014

CANTARES GALLEGOS:

Poema 20:
"Máis ó que ben quixo un día,
se a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa dentro do seu corazón."

ARGUMENTO OU TEMA: Neste poema a autora intenta explicar que ainda que agora estea sorrindo, houbo momentos nos que o pasou mal por amor. Pero que volvera a ser feliz que volvera namorarse porque as suas experiencias demostran que é asi.

VOZ POETICA: A propia autora, Rosalía

MONOLOGADO OU DIALOGADO? Monologado

COMO INSIRE O CANTO POPULAR? Os primeiros verson pertences a un cantar popular que a autora emplea como comezo e tema do poema, ao que añade a sua propia opinion baseandose na sua experiencia.

RECURSOS: Este poema ten paralelismo e anáfora que lle dan moita musicalidade, metáforas que axudan a explicar os sentimentos, hipérbole para remarcar estos sentimentos e personificación para exaltar aínda máis os exemplos.