Mostrando entradas con la etiqueta Alessia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alessia. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de junio de 2014

Os 3 grandes escritores do século XIX galego

Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal foron os 3 grandes escritores da época chamada "O Rexurdimento", etapa cultural que desarrollouse ao longo do século XIX e que tivo como característica principal a revitalización da lingua galega.




O Rexurdimento iníciase precisamente polo libro " Cantares Gallegos " de Rosalía. Este poemario foi a primeira obra do XIX escrita íntegramente en galego. Pero " Cantares Gallegos" non foi só un poemario de alto nivel, senón que foi toda una defensa de Galiza e da súa lingua.





En canto Curros Enríquez, él escribiu a obra " Aires da miña terra " onde identifícase como un gran poeta civil, capaz de conxugar a denuncia social a favor das clases máis desfavorecidas. 

A obra poética fundamental de Pondal é " Queixumes dos Pinos". Neste libro recóllese un total de 91 composición, os cales 89 delas en galego. " Os pinos " é un poema de Pondal, publicado dentro da súa obra " Queixumes dos Pinos" que consta de 10 estrofas, as cales as 4 primeiras dan a letra actual do Himno de Galiza.








domingo, 8 de diciembre de 2013

Paixón polo baile

Poucas persoas teñen o que se chama paixón polo baile e creo que é algo innato, que se nace con el.
Dende pequena gústame o baile, a miña nai contoume que cando tiña 1 ano e medio, eu levantabáme, agarrábame a calquera cousa e poñíame a moverme ao ritmo da música. 

O noso corpo escoita unha nota e pónse en movemento... Quen non bailou algunha vez coa fregona, ou cunha balleta na man ou en calequer momento da vida cotiá, aínda que só fora un segundo? Iso é sentir a música.

Agora ben, teño que dicir que eu deixei o baile, non sei porqué, pero deixeino... Só sei que o vivo cando vexo alguén bailar e tamén sei que bailo na casa soa sen que ninguén me vexa para desfogar a rabia que teño no momento dado.

Alessia Mato