Mostrando entradas con la etiqueta Laura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Laura. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de mayo de 2014

Unha grata experiencia

Cada día síntome máis orgullosa de formar parte do alumnado do IES ELVIÑA, e cando digo isto, é por unha razón de peso. O pasado xoves 15 de Maio contamos coa presenza dun escritor galego coñecido sobre todo pola súa novela "Os fillos do mar", él é Pedro Feijoo.

En primeiro lugar, mostrounos algunhas facetas da súa traxectoria que descoñecíamos, aparte de adicarse á escritura, tamén foi membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. Pero iso, deixou de ser importante para poder centrarse de cheo na literatura, xa que é un longo camiño, debido ós prexuízos que existen contra a literatura galega.

Posteriormente, algúns alumnos fixéronlle varias preguntas dende a súa vida ata as súas obras, unha desas cuestións foi que para escribir tes que sentir algún tipo de paixón ou algo no que te vexas reflexado para poder transmitilo, así que, Pedro respondeu con claridade e dixo que, por exemplo, nos fillos do mar quería deixar a constancia do peso da memoria da historia; a través do protagonista (Simón Varela) que rescatou a historia da cidade de Vigo e das súas construccións. Outra pregunta foi que de quen se había inspirado para escribir as súas novelas, él dixo que de varios autores importantes da historia da literatura galega como Rosalía, pero sobre todo en Eduardo Mendoza e Suso del Toro. Ademáis, tamén nos contou que na súa primeira novela (Os fillos do mar) non quería escribila cunha trama que podía ubicarse en calquer parte da xeografía española, senón todo o contario: construír unha trama que só sucedese en Galicia, utilizando uns referentes galegos, para darlle unha apariencia de novela áxil, entretida, pero cunha historia e cuns referentes nosos. 

lunes, 28 de abril de 2014

Poema nº 26

Argumento:

Un home expresa o seu amor por unha muller que el idealiza, apórtanos que é triste, solitaria e que habita nos montes.

A muller respóndelle á declaración que a deixe soa, que dende que enviudou non pretende estar con home ningún.

Voz poética:

Primeiro fala o namorado e despois a muller. É unha voz dialogada.

Cantar Popular:

Non contén.

Recursos:

Obsérvanse numerosos epítetos que aportan unha maior musicalidade, hipérbatons que nos amosan os sentimentos que alberga o namorado, metáforas como por exemplo:

"Ti a estrela da mañanciñaque en puras tintas se baña".
Tamén hai paralelismos, anáforas, reiteracións, antítesis e pleonasmo como:

"Ramo verde e iaugua crara".

lunes, 3 de marzo de 2014

Os fillos do mar

Ao comezo da novela atopámonos cun mapa cartográfico da costa sur de Galicia, onde aparecen a ría de Vigo e de Pontevedra. Fronte elas, sitúanse as fermosas illas Cíes e de Ons, onde aparece o Burato do Inferno.

Ponte de Rande (Vigo)
Illas Cíes (Vigo)


Vigo, unha cidade que Pedro Feijoo describe de forma fotográfica: ensínanos as rúas, prazas, os edificios (moitos deles construídos polo arquitecto Pacewicz).

Unha chamada inesperada dunha señora chamada Isabel Llobet cobre de intriga á Simón Varela, un arquitecto mediocre a quen se lle encarga a recuperación dun estanque secado na Casa Grande, xunto a praia de Canido. Prodúcese un Flash-back no que o autor provoca varios xiros no tempo. O falecemento de Isabel será o que de pé aos acontecementos e a causa pola que Simón e Mariña terán que descifrar xuntos.


Novela na que teño que recoñecer que en ocasións se me fixo un pouco lenta e pesada, por exemplo, os diálogos facíanse un pouco longos, e considero que a conversación poderíase manter igualmente pero sen tantas voltas, ou ben porque a intriga e a aventura cortábase de golpe... eses son os meus "pero" da novela. 

Pero a medida que avanzas atópaste enrolado de misterio, acción, historia, aventuras... acción na que non faltarán os narcotraficantes entre os que se sospeita Xulio Ascanio, fillo maior dos Dafonte Llobet, e uns nazis que chegan ó Burato do Inferno para apropiarse do ouro que abandonaran os piratas que o tomaran na Batalla de Rande. Ademáis, Feijoo narrao cargado de ironía, o que fai que nos provoque alguna sonrisa. Eses matices de humor foron os que me motivaron a seguir lendo.

Por último déixovos un enlace dunha entrevista na 41 feira do libro na Coruña.
Burato do Inferno (Illas Ons)


jueves, 5 de diciembre de 2013

Tardes de evasión


O título exposto na miña entrada é todo o que sinto ó tocar o piano, un simple instrumento para moitos, pero para mín que o é todo. Dende pequena sempre foi algo que me chamou moito a atención, e aínda que non comezara antes, aquí atópome na actualidade aprendendo a tocalo con moito entusiasmo, e que algún día poida chegar a ser única e especial.


Cae a tarde. Ese son musical que escoito cada día, esa calma que me transmite palabras e que me gustaría poder compartilas contigo. Unha inmensa paz inflúe na miña mente a estas horas. Sinto a música, vexo como me leva a outra dimensión onde todo é benestar. Desaparecen todos os problemas, xorden sons que entusiasman, e recibir unha gota desa melodía é a mellor maneira de chegar ata un estado emocional. 
Endúlzase o meu pensamento!

Cada minuto que transcorre é infinito. Nada nin ninguén consegue irrumpir o acontecido na miña mente, nin o que absorbe o meu espíritu de piano que se escoita ao lonxe. Soa a música, nesta tarde de inverno, quedo perplexa por estas notas que me levan como o mar. Noto como me seduce a melodía, como me transmite esa calma, alivia o meu pensamento. 
Escoito e evádome deste mundo… quero seguir soñando!