Mostrando entradas con la etiqueta Ana Vázquez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ana Vázquez. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2014

Poema nº 10


-Argumento:
O poema trata dun desengano amoroso no cal, pola traizón da súa moza, deséxalle unha mala e desgraciada vida.

-Voz poética:
Un namorado

Monologado

- Cantar popular
Non ten

-Recursos
Aquí podemos observar varias metáforas que pretenden destacar as cualidades da moza.

"para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios"

sábado, 5 de abril de 2014

Os fillos do mar

A principio do trimestre, no club de lectura, comezamos a ler esta fantástica novela escrita por Pedro Feijoo,"Os fillos do mar". Unha gran mestura entre aventuras, suspense, historia e amor. 
Despoís de primeira impresión de "buf que gordo" cando o vin, unha vez que comezas a lelo a ganas de saber máis aventuras impide que o deixes aparcado. 

Simón Varela é un arquitecto vigués un tanto mediocre que un bo día recibe a chamada de  Isabel Llovet, a cabeza dunha importante e turbia familia das máis poderosas de Vigo, para ofrecerlle un proxecto de restauración na Casa Grande. Despóis da morte da señora Llovet, Simón vese sumerxido nun gran lio no que ao principio non entende porque está alí. Xunto a Mariña, filla de Isabel e Eneas Dafonte, empezan a investigar o verdadeiro pasado da familia e a causa pola que el está metido nesa intriga da que xa non pode sair. 
Toda esta historia contada cun gran toque humorístico e a importancia da arquitectura de Vigo, a cal Pedro Feijoo nos describe dunha forma tan detalla que na nosa mente parece que estamos vendo unha fotografía. Non so de Vigo senón tamén a importancia que cobra no relato a ponte de Rande, a illa de Ons e a ría de Vigo. 
Resumindo, é unha novela un pouco extensa pero que merece moito a pena que a leades.