Mostrando entradas con la etiqueta 1ºA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ºA. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de mayo de 2014

A qué nos referimos cando falamos de fantasía?

Non é fácil responder a esta pregunta, pero penso que é importante afondar un pouco máis nisto para conseguir entender mellor a realidade.
Nesta entrada vou comentar o relato Exilio de Edmond Hamilton, penso que é unha boa maneira, ademais de entretida, de reflexionar sobre este envolvente tema da fantasía ou da “parte oculta das nosas vidas”.
Pódense sacar varios aspectos neste relato, un deles é o do propio proceso de creación da fantasía, neste caso un relato de fantasía. Cando un autor, xa sexa pintor, escritor, músico… se pon a crear a súa obra, o primeiro que pensa é qué quere dicir. Para iso precisa ter un bon coñecemento dos personaxes, ambiente… que vai formar parte da súa obra. É dicir, comeza a introducirse nese mundo imaxinario. Pensa coma os personaxes, sinte o que senten, sabe perfectamente onde se moven e cada elemento que o vai formar.  Desta maneira aparece unha situación nada dun mesmo, algo que sae de dentro dun, pero… por qué levamos iso dentro e de ónde veu? Cal é a orixe diso que entendemos por fantasía?
Todo coñecemento baséase noutros xa aprendido e a súa conxugación, entón, ónde se aprenderon eses mundos “ficticios”? Non nos damos adaptado a esta realidade porque vimos doutra (a que levamos no noso subconsciente)? Entón, eses extractos no noso coñecemento veñen doutra vida pasada?
Todos inventamos realidades máis ou menos claras de algo que non é coñecido por todos. Aínda que isto pódese matizar. Hai moitos anos, cando non existía contacto posible con outras culturas, xa existían “fantasías universais”, mitos case idénticos en lugares incomunicados, son exemplo criaturas coma as pantasmas, as deidades femininas (ninfas, musas, fadas), vampiros (Súcubo en España, Barcolako en Grecia, Jararacas en Brasil)… Isto é unha das cousas que nos fai pensar que esas fantasías poden ser certas ou puideron existir noutros tempos ou noutras vidas.
A nosa mente é marabillosa, pero non nos mostra toda a realidade, hai cousas que non nos amosa ou que non queremos que nos amose. Ou quizais son cousas tan asombrosas que non somos capaces a entendelas, pero están alí dentro. Coñecer o medio é coñecerse a un mesmo, canto máis afondemos no que levamos dentro e intentemos sacar eses saberes, máis conseguiremos entender o mundo externo. Pero o único que sabemos, relativamente, é onde nos movemos agora.
Cómo pretendemos evolucionar vendo sempre a realidade? Debemos afondar en nós mesmos, na fantasía que levamos dentro. Todas as preguntas que nos facemos están escondidas no noso cerebro, pero poucas veces as atopamos e cada vez lle dedicamos menos tempo a reflexionar e máis a outras cousas materiais que pensamos que nos axudarán a evolucionar.
Por qué só é realidade o que vemos? Posto que iso que percibimos pasa polo filtro do noso cerebro. Quizais este ocúltanos en parte a realidade ou non sexamos o suficientemente intelixentes para descifralo.

domingo, 18 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Este ano, o día das Letras Galegas dedicouse a Xosé María Díaz Castro.

Xosé María Díaz Castro naceu en Guitiriz en 1914 e morreu en Lugo en 1990. Fillo dunha familia labrega, con 15 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo, onde coñeceu a Aquilino Iglesia Alvariño.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca, especializándose en linguas modernas. En 1948 trasládase a Madrid, onde traballa como traductor.

En 1954 casa con Mª Teresa Zubizarreta Bengoechea de Urretxu, con quen tivo 3 fillos.

O contacto con Aquilino Iglesia Alvariño foi o que exerceu un estímulo decisivo na súa promoción como escritor e para comezar a escribir en galego, publicando en El Progreso Villalbés en 1931 os seus primeiros versos en galego.

En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e Nimbos, a súa obra máis importante, editada por Galaxia no 1961. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos e multitude de poemas 

Adoita ser encadrado na Xeración do 36 a carón de poetas como Carbalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño.

Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", relfexiona sobre unha Galiza que permanece durmida, pero non perde a esperanza para a súa terra.

En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).


Se queres saber máis...
Preme aquí





Sara González Iglesias

jueves, 1 de mayo de 2014

Castellanos de Castilla (poema 28)


O tema deste poema de Rosalía é o maltrato que recibían os galegos por parte dos casteláns. Expresa un lamento por aqueles galegos que teñen que partir a Castela. Menciona que os galegos volven peor do que estaban antes.

É un poema monologado  no que a voz poética é a propia Rosalia pero creemos que quere falar en nome de todos os galegos  facendo un chamamento a xente de Castela.

O cantar popular insire dunha forma notable. Pódense ver a utilización dun linguaxe coloquial, utilización de exclamacións... 

Os recursos poéticos que utiliza son: a utilización de contrastes, epítetos, utilización de anáforas... Chámalles ós casteláns "fillos do deserto" querendo reflectir os campos áridos e pouco esplendorosos de Castela e exaltando os campos floridos e verdes da nosa Galicia.

"Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos,
cando van, van como rosas;
cando véná vén como negros."


Aquí deixamos o poema recitado... Preme aquí




Sara González Iglesias 
Álvaro Noal Mariño

viernes, 25 de abril de 2014

Poema nº 10


-Argumento:
O poema trata dun desengano amoroso no cal, pola traizón da súa moza, deséxalle unha mala e desgraciada vida.

-Voz poética:
Un namorado

Monologado

- Cantar popular
Non ten

-Recursos
Aquí podemos observar varias metáforas que pretenden destacar as cualidades da moza.

"para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios"

sábado, 5 de abril de 2014

Os fillos do mar

A principio do trimestre, no club de lectura, comezamos a ler esta fantástica novela escrita por Pedro Feijoo,"Os fillos do mar". Unha gran mestura entre aventuras, suspense, historia e amor. 
Despoís de primeira impresión de "buf que gordo" cando o vin, unha vez que comezas a lelo a ganas de saber máis aventuras impide que o deixes aparcado. 

Simón Varela é un arquitecto vigués un tanto mediocre que un bo día recibe a chamada de  Isabel Llovet, a cabeza dunha importante e turbia familia das máis poderosas de Vigo, para ofrecerlle un proxecto de restauración na Casa Grande. Despóis da morte da señora Llovet, Simón vese sumerxido nun gran lio no que ao principio non entende porque está alí. Xunto a Mariña, filla de Isabel e Eneas Dafonte, empezan a investigar o verdadeiro pasado da familia e a causa pola que el está metido nesa intriga da que xa non pode sair. 
Toda esta historia contada cun gran toque humorístico e a importancia da arquitectura de Vigo, a cal Pedro Feijoo nos describe dunha forma tan detalla que na nosa mente parece que estamos vendo unha fotografía. Non so de Vigo senón tamén a importancia que cobra no relato a ponte de Rande, a illa de Ons e a ría de Vigo. 
Resumindo, é unha novela un pouco extensa pero que merece moito a pena que a leades.  

viernes, 28 de febrero de 2014

Os fillos do mar



Na 2ª avaliación os alumnos do club de lectura lemos o libro "Os fillos do mar" de Pedro Feijoo, unha novela na que a historia principal esta baseada no tesouro afundido dos galeóns de Rande.


Gustounos moito este libro porque é moi entretido e ainda que é un pouco longo, é moi sinxelo de ler.

Parécennos moi interesante como o autor describe ata o último detalle da cidade de Vigo, do burato do inferno...

Recomendamos a lectura desta novela.

Esta novela creounos curiosidade e puxémonos a investigar sobre se a historia contada no libro sobre o afundimento dos galeóns que viñan de América era verdade...

Se queres saber máis... preme aquí




 Lugares onde transcurre a historia da novela:


Ponte de Rande (Vigo)


Burato do Inferno ( Illas Ons )

















 E ti pensas que esta historia é real?

Sara González Iglesias
Sara Sánchez Sánchez

miércoles, 19 de febrero de 2014

O mestre da arte de amar

 “¿Habéis amado a una mujer hasta conseguir que refutara leche como si acabara de dar a luz al mismo amor y tuviera que alimentarlo o reventar? ¿Habéis saboreado alguna vez a una mujer hasta hacerle creer que podría quedar satisfecha, solo consumiendo la lengua que le había devorado? ¿Alguna vez habéis amado a una mujer de modo tal, que el sonido de vuestra voz en su oído, provocara en su cuerpo un escalofrío y una explosión de placer de tal intensidad que solo el llanto pudiese aliviar?”.
Palabras do famoso Don Juan, un home que descubriu a verdadeira esencia da muller, atreveríame a dicir, incluso, que o único na historia. Creo que non precisa máis presentacións.
“Hay ciertas mujeres, de rasgos hermosos, con una textura especial en el cabello y una bonita curva en la oreja, que se asemeja al surco de una concha. Dichas mujeres posen unos dedos dotados de la misma fina sensibilidad que sus piernas y sus yemas tienen el mismo tacto que sus pies. Acariciarles los nudillos es como pasarles la mano por las rodillas y este contacto con la parte delicada del dedo es como acariciar suavemente el contorno de los muslos y por último…”.
Comezar a falar del supoñerá, para algúns, una aberración contra a muller, outros dirán que simplemente foi un libertino fora de serie, un ser indesexable e machista. Algúns homes o envexarán e moitas mulleres o desexarán.
As miñas intencións non son facer mudar o pensamento de que non o desexe, pero gustaríame dar unha visión diferente á xa exposta.
Don Juan é un home que vai máis alá do que podes ver na superficie, non é un aproveitado nin un mal home. Podo explicalo, por exemplo, deste xeito: cando un home mata polo seu beneficio ou por diversión (Deus me perdoe a comparación de matar con facer o amor), todo o mundo sinálao co dedo e chámao mal home, non obstante, se foi alguén que matou pola súa patria (algo que consideramos nobre), convértese nun heroe. Con isto pretendo invitarvos a que pensedes o mesmo pero dende o punto de vista do que estamos a falar.
Don Juan estaba mal visto ante os ollos de Deus, era un renegado, un iluminado (seguidor dunha teoría relixiosa que defendía os praceres carnais, que consideraba como divinos. “Una mujer, es lo más cerca que puede estar un hombre de Dios”). Pero el non o facía por el mesmo, senón por ela. Pretendía facerlles sentir o verdadeiro pracer a todas as mulleres que o precisasen. Nunca forzou a ningunha a facer algo que ela non quixese. “Jamás me he aprovechado de ninguna dama. A las mujeres les doy placer, si ellas lo desean, intento que sea el placer más intenso que hayan experimentado jamás”.
Don Juan coñecía o significado da muller e a súa natureza. “Toda mujer es un misterio por resolver pero ninguna mujer le oculta nada a un amor verdadero. El color de su piel nos indica como debemos proceder. Si posé el tono de una rosa en primavera, suave y pálida, hay que acariciarla para abra sus pétalos con el ardor del sol. La piel pálida y pecosa de una pelirroja evoca la lujuria de una ola que rompe en la playa, removiendo lo que yace debajo y haciendo emerger el espumoso deleite del amor”.
Foi entón cando se deu de conta que as mulleres eran seres magníficos. El as vía como seres divinos, algo superior a calquera outra creación. “Sin embargo yo veo a esas mujeres como realmente son: ¡gloriosas, radiantes espectaculares y perfectas! Porque mi vista no se limita al horizonte”. Pensaba que o home non tiña significado sen ela, era insignificante ó seu lado. Para el non existía muller non virtuosa, todas eran fermosas ós seus ollos. “Su belleza no consistía en figuras y formas, sino que resplandecía desde el interior como una estrella”. E facía que elas o sentiran, que se visen a elas mesmas tan fermosas como eran. As facía sentir o que eran, mulleres libres. As facía sentirse valiosas e únicas. “Aunque ninguna metáfora describe con justicia el hecho de hacer el amor con una mujer la analogía más próxima sería la de tocar un instrumento musical poco común”. Outra forma na que describe esta máxica arte: “De repente tuve una revelación, el modo en que está hecho el cuerpo de una mujer, la manera en que responde el cuerpo de un hombre, el fuego que ardía en mis entrañas, el intenso deseo de fundirnos en un solo ser. Todo se concentró en un brillante destello”.
Penso que dá consello ós homes de cómo unha muller debe ser tratada. Ensina a escoitala, observala e ir descubrindo cada rincón do seu corpo, investigando con coidado, deixando que ela sexa a túa mestra no amor e, así, conseguir a total sabiduría do pracer. Cando te esqueces de ti mesmo e deixas que ela leve as rendas é cando conseguirás dar e recibir o maior dos regalos, o amor, a comprensión, o goce e a compaxinación.
“Todo verdadero amante sabe que el momento de mayor satisfacción viene cuando el éxtasis ha terminado y contempla ante sí la flor que se ha abierto bajo su experto tacto”.
Un estudioso no arte de amar, un virtuoso que chegou a convertirse en lenda. Lenda que podemos apreciar e da que podemos aprender, reflexada en libros e películas. Persoalmente, aconséllovos ler El diario perdido de Don Juan ou ver a película Don Juan de Marco, perfectamente interpretada por Johnny Depp no papel de Don Juan (irresitible!).
“¿Nunca habéis conocido a una mujer que os inspire amarla hasta que todos vuestros sentidos se llenen de ella? Inhalándola, saboreándola, descubriendo en sus ojos a vuestros futuros hijos y comprendiendo que vuestro corazón por fin ha hallado un lugar. Vuestra vida empieza con ella y sin ella debe finalizar”.

sábado, 14 de diciembre de 2013

Ollos de Auga

Ollos de Auga é unha novela na que as accións ocorren en Vigo, na que o inspector Caldas xunto a o seu axudante, Rafael Estevez, terán que resolver un caso de asasinato. O asasinado foi un saxofonista chamado, Luís Reigosa, que apareceu morto na súa casa, na cal non hai ningunha proba, aínda que se supon que foi un crimen pasional.

Ao principio dudábase de varias persoas que podían haber cometido o crimen. Pero máis tarde pensase que foi Dimas Zurriga, un doutor moi coñecido, polas supostas relacións a escondidas co asasinado.

Todo indica que é el o asasino, o crimen pasional, por medo a que a súa muller, os socios da fundación Zurriga ou a xente do pobo que descubriran a súa outra vida.

Finalizando a historia, fixeron unha chamada ao programa de Leo Caldas, que dicía:
"Benvido sea a dor se é a causa do arrepentimento".